DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 4 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a Resolución do 27 de marzo de 2024 relativa a instalacións eléctricas no concello de Ribadavia (expediente IN407A 2023/187-3).

Mediante a Resolución do 27 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, varias instalacións eléctricas no concello de Ribadavia (expediente IN407A 2023/187-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 4 de abril de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2023/187-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do CT Sanín, 32C338 (Ribadavia).

Concello: Ribadavia.

Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32070A027000720000YG.

Lugar: Costoiras.

Cultivo: viñedo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 9 m2 para o apoio 60-4-CT.