DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte Friol, no concello de Friol (expediente 27_76/2023_3DES).

Na sesión que tivo lugar polo Xurado Provincial o día 11.3.2024, figura o seguinte acordo:

MVMC Friol (expediente 27/76), pertencente aos veciños da parroquia de Friol, no concello de Friol.

– O 23.3.2023, a comunidade de Friol presentou unha proposta de deslindamento parcial do seu monte respecto de propiedades particulares e solicitaba o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. O 5.4.2023, a solicitude foi mellorada tras o requirimento oportuno.

– O 17.3.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre a proposta formulada.

– O 8.5.2023 publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o expediente 2023_3DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Friol e na web da Consellería do Medio Rural.

– O 16.6.2023, a comunidade de Friol ratificouse na proposta con indicación de que non recibiran alegacións. O 23.6.2023, o Servizo de Montes emite un novo informe favorable sobre o deslindamento solicitado.

– O 1.11.2023, a comunidade de Friol presentou a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

– O 16.2.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Friol pasa a ter una superficie de 173,63 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 1 de abril de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

Plano do MVMC Friol

missing image file