Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Val-Bermés-Sello (Lalín, Pontevedra), que con data do 15 de marzo de 2024, a directora xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:
«En cumprimento do establecido no artigo 35 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, unha vez revisada a documentación e os planos que o compoñen, polo presente acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Val-Bermés-Sello (Lalín, Pontevedra).
Conforme o disposto no punto 3 do artigo 16 da devandita lei, queda disolta a xunta local da zona.
Pola xefatura provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra, disporase a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou publicación substitutiva.
Pontevedra, 1 de abril de 2024
Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra