DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2024 Páx. 21336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 14 de marzo de 2024, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-00002-O-2024 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-00002-O-2024 e cinco máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción nos domicilios que constan no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte das persoas interesadas e a finalización do procedemento sancionador.

Pontevedra, 14 de marzo de 2024

Joaquín San Martín Zamácola
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-pq

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00002-O-2024

C-6512-AN

X4957537W

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.
18.5.2023; 10.22.00; AP-9; 137,661

Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-00140-O-2024

3975-FVX

77580958A

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.
4.10.2023; 19.58.00; AP-9; 137,502

Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-00798-O-2024

C-4643-BS

44807502Y

Exceso de peso igual ou superior ao 15 %

6.11.2023; 09.43.00; PO-10 0,0

Art. 141.2 da LOTT Art. 198.3 do ROTT

Art. 143.1.c) da LOTT

Art. 201.f) do ROTT

801 euros

PO-02717-O-2023

9309-HMR

76734357D

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor/a ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos impresos ao comezar e ao finalizar a viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

9.3.2023; 20.29.00; PO-531; 1,204

Art. 140.22 da LOTT Art. 197.24 do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

Art. 201.h) do ROTT

2.001 euros

PO-02718-O-2023

9309-HMR

76734357D

Minoración do descanso diario reducido (sobre 9 horas)-igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

9.3.2023; 20.24.00; PO-531; 1,204

Art. 142.17 da LOTT Art. 199.18 do ROTT

Art. 201.a) do ROTT Art. 143.1 da LOTT

100 euros

PO-04851-S-2023

5482-FLB

55149450G

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

11.7.2023; 17.22.00; travesía de Vigo, nº 219

Art. 141.21 da LOTT Art. 198.25 do ROTT

Art. 201.d) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

401 euros