DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2024 Páx. 21338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 20 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o plan de restauración do establecemento de beneficio vinculado á concesión de explotación La Ponderosa número 4369, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), esta xefatura territorial acorda someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo, o plan de restauración do establecemento de beneficio vinculado á concesión de explotación La Ponderosa núm. 4369, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, promovido por Canteras Fernández, S.L. Elaboración S. COM., con domicilio social no polígono industrial da Raña C/4-P/147, 32300 O Barco de Valdeorras.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo dito plan poderán examinalo nas dependencias desta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1-3ª, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no portal da devandita consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Así mesmo, poderán formular as súas alegacións por escrito perante este órgano administrativo, que se presentarán en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do plan de restauración do establecemento de beneficio, cuxa autorización compete á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, ao abeiro do establecido na Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

Ourense, 20 de marzo de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense