DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do proxecto da planta solar fotovoltaica Silleda Solar, no concello de Silleda (expediente IN408A 2023/009-4).

Para os efectos previstos na Lei Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a petición da autorización administrativa previa e de construción, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Arcos de Graba, S.L.

Denominación do proxecto: proxecto de execución da planta fotovoltaica Silleda Solar e infraestrutura de conexión (sinatura electrónica do 23 de novembro de 2023 por Antonio Moreno Sánchez).

Concello afectado: Silleda (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 2.500 kW (2.700 kW nominais dos inversores limitada por PPC Power Plant Controller).

Produción neta anual estimada: 5.304,5 Mwh/ano.

Orzamento total (execución material): 1.875.277,01 €.

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Instalación solar fotovoltaica de 2.700 kW de potencia nominal (3.326 kWp), formada por:

▪ Cinco mil corenta (5.040) módulos fotovoltaicos de silicio cristalino de alta eficiencia, de 660 Wp.

▪ Estrutura soporte dos módulos fotovoltaicos metálica fixa, fincados directamente ao chan.

▪ Doce (12) inversores de potencia unitaria 225 kW.

– Centro de transformación (CT) en edificio prefabricado que albergará un transformador de 3.000 kVA, con relación de transformación 20/0,8 kV, un cadro de baixa tensión, os servizos auxiliares, unha cela de protección do transformador, unha cela de liña e os elementos de control.

– Equipos de medida na subestación SET Silleda 66/20 kV da empresa distribuidora, correspondente ao punto de conexión.

– Liña de evacuación soterrada con condutor de aluminio RHZ1-Al 3x95 mm2, tensión asignada 12/20 kV, de 63,59 metros de lonxitude, desde o centro de transformación ata a cela da subestación SET Silleda 66/20 kV.

Órgano competente para autorizar o proxecto: a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

O que se fai público, de conformidade co artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e co artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas físicas ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan examinar a documentación e presentar as súas alegacións, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación.

O proxecto estará á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Industria e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, con cita previa no número de teléfono 986 80 52 25. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Pontevedra, 29 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra