DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2024/002-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 30.11.2023 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS, CS e CT móbil en subestación Velle (Ourense).

Situación: subestación de Velle, concello de Ourense.

Orzamento: 117.448,57 €.

Características técnicas:

– LMTS, a 20 kV, de 34 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL(S)-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, con orixe e final nos empalmes para realizar no condutor existente da LMTS VLL824 despois de facer entrada/saída no centro de seccionamento proxectado.

– Centro de seccionamento proxectado, de tipo prefabricado compacto de manobra exterior con envolvente de formigón 3L 2TC GSM/GPRS/FO + TT que irá situado no interior da subestación Velle (VLL) nas coordenadas UTM ETRS89 F29 X: 594.772/Y: 4.690.208.

– LMTS, a 20 kV, de 15 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL(S)-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de transformación móbil proxectado.

– Centro de transformación móbil de tipo prefabricado compacto telecontrolado vía GSM/GPRS/FO 2L1P 630 kVA e r/t 20.000/400 V de manobra exterior con envolvente metálica, que irá situado no interior da subestación Velle (VLL) nas coordenadas UTM ETRS89 F29 X: 594.771/Y: 4.690.203.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 1 de marzo de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense