DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 15 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2023/199-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: SE Ludrio: nova LSAT 20 kV SC a OCR A. Rozas.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: calle Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Características técnicas principais:

– Liña de alta tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 5.270 m en condutor HEPRZ1-12/20 kV 1×400 k Al + H16, con orixe na SE Ludrio e final no centro de transformación (CT) A. Rozas, no cal se instalará unha nova cela de liña.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/castro-de-rei

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 15 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de:
SE Ludrio: nova LSAT 20 kV SC a OCR A. Rozas

Concello: Castro de Rei (Lugo)

Expediente: IN407A 2023/199-2

Nº predio

Polígono

Parcela

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Propietaria

Afeccións

LATS

S. ocup. permanente m2

Accesos

S. ocupación temporal m2

1

15

179

27010A01500179

Campelo

Prado

Darío Trigo Garces

María del Pilar Trigo García

José Trigo García

María del Carmen Santiso Trigo

José Santiso Trigo

Anne Evelyne Marie Trigo Epouse Brotto

Marie Therese Trigo Nadine

Juan Carlos Trigo Veiga

Isabel Trigo Veiga

Luís Trigo Veiga

María Carmen Trigo Veiga

72

96

2

15

180

27010A01500180

Manxar

Prado

María Buide Abelaira Antonio López Buide

133

177

3

15

181

27010A01500181

Campelo

Prado

Juan Antonio Santiso Carballosa

131

174

4

15

182

27010A01500182

Campelo

Prado

Antonio Novo López

262

349

5

15

121

27010A01500121

Meilete

Monte baixo

Manuel María Ramos Abelleira

40

52

6

15

120

27010A01500120

Meiletes

Prado

Herminia Paredes Díaz

Herdeiros de Manuel Paredes Díaz

Herdeiros de José Paredes Díaz

Herdeiros de María Aurea Paredes Díaz

María Manuela Paredes Novo

María Jesús Paredes Novo

María Josefa Paredes Castro

5

9

7

15

185

27010A01500185

Campelo

Prado

Jorge Iglesias Magide

José María Iglesias Magide

54

71

8

15

186

27010A01500186

Prado do Maestro

Prado

Antonio López Fernández

105

139

9

15

102

27010A01500102

Meilete

Prado

Herdeiros de José Otero Fernández

19

25

10

15

103

27010A01500103

Leiro Meilete

Prado

Silvestre Novo Río

32

43

11

15

108

27010A01500108

Meiletes

Prado

Julio Antonio Santiso Carballosa

46

61

13

15

104

27010A01500104

Meiletes

Prado

Antonio Novo López

117

155

14

15

100

27010A01500100

Prado de Baixo

Prado

Antonio López Fernández

José López Fernández

Carmen López Fernández

321

428

15

15

109

27010A01500109

Hortas

Prado

José Manuel Fernández Táboas

80

106

16

15

16

27010A01500016

Leiro de Savedra

Prado

Antonio Novo López

23

275