DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 4 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2023/80-2).

O 26 de setembro de 2023, o xefe territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo ditou acordo de información pública da solicitude de autorización administrativa previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica do proxecto Regulamentación da LAMT Chá 811 O Saviñao 11 entre o apoio 110-35-8 e o CT Palomar 110-35-17-CT O Saviñao-Lugo, xunto á cal se insería o anexo coa relación de bens e dereitos afectados, que se publicou no DOG núm. 199, do 19 de outubro de 2023.

A dita relación de bens e dereitos afectados foi modificada posteriormente pola empresa, xa que contiña erros relativos ás afeccións, polo cal se deixa sen efecto a ditada o 26 de setembro de 2023, e para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica e do anexo corrixido e actualizado:

Denominación: Regulamentación da LAMT Chá 811 O Saviñao 11 entre o apoio 110-35-8 e o CT Palomar 110-35-17-CT O Saviñao-Lugo.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Substitución dos apoios de madeira números. D110-35-10, D110-35-11, D110-35-12, D110-35-13, D110-35-14, D110-35-15 e D110-35-16 da LAMT Chá 811 O Saviñao 11, a 20 kV, por un apoio de chapa tubular de tipo CH-630 R13 e dous apoios de celosía metálica de tipo C-16/2000 e C-14/2000.

- Substitución do condutor LA-30 existente por LA-56 entre o apoio núm. D110-35-8 e o D110-35-17-CT O Saviñao (27C361), cunha lonxitude de 378 m.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, de 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas, e no seguinte enlace web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lat-o-savinao

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 4 de marzo de 2024

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto Regulamentación da LAMT Chá 811 O Saviñao 11 entre o apoio 110-35-8 e o CT Palomar 110-35-17-CT O Saviñao

Concello: O Saviñao (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/80-2.

Predio núm.

Políg.

Parc.

Paraxe

Cultivo

Propietario

Apoio

Apoio
sup. (m²)

Afeccións
ml. aér.

Afeccións
m2 aér.

1

118

88

Rañadoira

Monte baixo

Descoñecido/a

30,75

4

118

156

Reguenga

Prados ou pradeiras

Descoñecido/a

13,65

219,98

5

118

155

Reguenga

Prado

María Luz López Pérez

31,54

502,25

7

118

153

Reguenga

Prado

Hdros. de Manuel Salgado Domínguez

BK6LS2X9//D110-35-11

2.0

66,86

1056,86

9

118

180

Lamayan

Matogueira, monte alto

Descoñecido/a

17,03

385,34

10

118

179

Lamayan

Prado

Descoñecido/a

18,18

184,07

12

118

181

Lamayan

Prado

Hdros. de Antonio Blanco Taboada

BK5TLK4E//D110-35-12

2.0

62,56

943,6

13

118

194

Naveira

Prado

Descoñecido/a

0,65

60,79

14

118

245

Campo

Monte alto

Descoñecido/a

2,63

73,19