DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de superficie da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Costa do Cuzo número 129, situada no concello de Santa Comba (A Coruña), promovida por Canteira da Mina, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), e no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), tendo en conta os artigos 27 e 32 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

ACORDA:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de superficie da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Costa do Cuzo núm. 129, situada no concello de Santa Comba, provincia da Coruña, promovida pola sociedade Canteira da Mina, S.L.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13; así como no portal da dita consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

e formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria, prevista na Lei 22/2013, do 9 de decembro, a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Industria e Innovación ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 23 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña