DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Resolución do 8 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Ourol II e se cancela a garantía económica depositada por Wind Premier Ourol, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de distribución (expediente IN408A/2020/046).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, alíneas a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, publícase o extracto da Resolución do 8 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Ourol II e se cancela a garantía económica depositada por Wind Premier Ourol, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de distribución.

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan:

A dita Resolución do 8 de marzo de 2024 dispón o seguinte:

1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque eólico Ourol II, sito no concello de Ourol (Lugo) e promovido por Wind Premier Ourol, S.L.U., por mor da declaración de impacto ambiental desfavorable formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 23 de xaneiro de 2023.

2. Arquivar o expediente do parque eólico Ourol II (expediente IN408A/2020/146).

3. Cancelar a garantía depositada o 28 de maio de 2020, por importe de 400.000 € e número de rexistro 345/2020, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de distribución do parque eólico Ourol II.

Segundo. Principais motivos e consideracións nos que se basea a resolución:

1. O 28 de maio de 2020, Wind Premier Ourol, S.L.U. depositou unha garantía económica por importe de 400.000 € co número de rexistro 345/2020, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de distribución do parque eólico Ourol II.

2. O 27 de decembro de 2020, Wind Premier Ourol, S.L.U. presentou telematicamente, ao abeiro do procedemento IN408A, a solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica para o proxecto denominado parque eólico Ourol II, sito no concello de Ourol (Lugo), ao abeiro da Lei 8/2009, a cal foi admitida a trámite pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o 18 de decembro de 2020.

3. O 16 de xuño de 2021, Wind Premier Ourol, S.L.U. presentou unha nova solicitude de modificación substancial para a autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Ourol II, a cal foi admitida a trámite pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o 29 de abril de 2022.

4. O 12 de maio de 2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, en que se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no PSEGA respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

5. Mediante o Acordo do 17 de novembro de 2022, a Xefatura Territorial de Lugo someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do parque eólico Ourol II, situado no concello de Ourol, na provincia de Lugo (expediente IN408A 2020/146). O dito Acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 24 de novembro de 2022 (DOG núm. 224).

6. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos: Augas de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Retegal, Viesgo Distribución Eléctrica, S.L., Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Cellnex Telecom, S.A., así como ao concello de Ourol.

7. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Axencia de Turismo de Galicia, Augas de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Instituto de Estudos do Territorio e Sociedade Galega de Historia Natural.

O 23 de xaneiro de 2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental (DIA) desfavorable relativa ao parque eólico Ourol II, que fixo pública mediante o Anuncio do 23 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro).

8. O 9 de maio de 2023, Wind Premier Ourol, S.L.U. presentou ante esta dirección xeral unha solicitude de arquivamento do expediente administrativo IN408A/2020/146 asociado ao proxecto do parque eólico Ourol II, ante a imposibilidade de continuar coa súa tramitación e construción como consecuencia da DIA desfavorable, e de cancelación e devolución da garantía co número de rexistro 345/2020, por valor de 400.000 euros, mencionada no antecedente de feito primeiro.

9. O 3 de xullo de 2023 esta dirección xeral notificoulle ao promotor o inicio do procedemento de arquivamento do expediente, e abrese o trámite de audiencia do artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

10. Transcorrido o prazo de 15 días comunicado coa notificación de apertura do trámite de audiencia, esta dirección xeral non recibiu oposición por parte do promotor ao arquivamento do expediente.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética
e Recursos Naturais