Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: LAT 20 kV subterránea e novo CT Marzo.
Situación: concello de Castro de Rei.
Características técnicas principais:
– Liña aérea de alta tensión a 20 kV Meira, derivación a novo CT Marzo, consistente na substitución do apoio existente A95253 por un apoio metálico tipo C-2000/16 (6), no cal se realizara un PAS tendido de 144 metros de condutor tipo LA-110, entre o apoio proxectado (6) e o apoio existente (7).
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meira a novo CT Marzo, con orixe no PAS instalado no apoio proxectado A95253 (6) e final no CT Marzo proxectado, cunha lonxitude de 150 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.
– Centro de transformación prefabricado Marzo, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.
– Desmontaxe do armado e do transformador 9541 Marzo, do apoio A95253 e do apoio A25004 e o XS S28563a e 144 metros de condutor tipo LA-110.
Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
Orzamento: 105.999,62 euros.
Documentación que se xunta:
– Separata para o Concello de Castro de Rei.
– Separata para a Consellería de Medio Rural.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 7 de marzo de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo