DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19832

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 4304/2022).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), intentada a notificación persoal sen que fose posible efectuala, notifícaselles ás persoas propietarias das parcelas a seguinte Resolución da Alcaldía núm. 2023-2583, do 3 de novembro de 2023.

«I. Antecedentes.

Procedemento incoado para exixir o cumprimento das obrigas de xestión da biomasa derivadas da normativa, tanto ambiental como urbanística, de conservar e manter o solo natural e a masa vexetal nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios no camiño Mouriño e Senda da Auga, Bº Cidade, Chapela (parcela coa referencia catastral 36045A050012920000WL, sita en solo rústico, na zona coñecida como Costeira no Barrio de Cidadelle, linda ao norte coas parcelas 1297 e 1296, ao sur coa parcela 1309, ao leste coa parcela 328 e ao oeste coas parcelas 2522, 1307 e continuación camiño Mouriño).

Trámite de audiencia sen que se tivesen presentado alegacións.

II. Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e no mesmo senso o artigo 333 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG), establece que os concellos, de oficio ou por instancia de calquera interesado, mediante o correspondente expediente e logo da audiencia dos interesados, ditarán ordes de execución que obriguen aos propietarios de bens inmobles a realizar as actuacións necesarias para dar debido cumprimento aos deberes sinalados no artigo 135 da LSG, en particular os de conservalos nas condicións legais de seguridade e salubridade.

Vistos os antecedentes e fundamentos xurídicos expostos esta alcaldía,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar á persoa propietaria da parcela coa referencia catastral 36045A050012920000WL por descoñecer a súa titularidade e figurar na Dirección Xeral do Catastro «en investigación», que proceda á adecuada xestión da biomasa no prazo de 15 días naturais contados a partir da notificación realizada a través de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Con carácter xeral, informámoslle que no caso de implicar a corta de árbores nos terreos de natureza urbana non será necesario ningún permiso e nos terreos de natureza rústica ou non urbanizables será necesario presentar na sede electrónica da Xunta de Galicia a seguinte declaración responsable (que ten efecto no mesmo día da súa presentación):

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR604R&ano=2020&numpub=1&lang=es

Segundo. Apercibir a persoa propietaria da parcela de que de transcorrer o prazo antes sinalado sen terse executado as medidas requiridas procederase á execución subsidiaria polo Concello de Redondela, ben a través de servizos propios ben a través de empresa contratada para o efecto, con posterior repercusión dos custos en que se incorra, incluídos os de tramitación administrativa, todo iso en aplicación do disposto no artigo 136.5 da LSG».

Redondela, 27 de febreiro de 2024

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa