DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19834

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Couso

ANUNCIO da exposición pública dos estatutos.

Xoaquín Ánxel Manuel Xosé de Acosta Beiras, veciño da rúa As Vacarías, lugar de Couso, parroquia de Santiago de Morgadáns, concello de Gondomar (Pontevedra), actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Couso mediante este anuncio comunico a todos os partícipes da comunidade que as ordenanzas e os regulamentos da comunidade estarán expostos ao público no taboleiro de anuncios do concello, durante o prazo de trinta (30) días hábiles, para que poidan ser examinados e prestar as alegacións que consideren oportunas.

Santiago de Morgadáns-Gondomar, 19 de febreiro de 2024

Xoaquín Ánxel Manuel Xosé de Acosta Beiras
Presidente da Comunidade de Usuarios de Couso