DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19831

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle modificado da agrupación das parcelas P-11 e P-12 do polígono industrial Lalín 2000.

O Pleno da Corporación, na sesión do 26 de xaneiro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle modificado da agrupación das parcelas P-11 e P-12 e as demais determinacións do polígono industrial Lalín 2000, redactado por Juan Carlos Bardelas Lamas (col. 458 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense-Coetiou) con data de maio de 2023 (expediente 5887/2022).

Unha vez publicado o acordo no Diario Oficial de Galicia, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Logo de que conste a inscrición no rexistro, procederase a publicar a normativa no Boletín Oficial da provincia.

Contra ese acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Lalín, 7 de marzo de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 7.7.2023; BOP do 14 de xullo)
Pablo Areán González
Concelleiro delegado de Urbanismo