DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 28 de febreiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Veciñal de Salgueiro e Caldeliñas, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salgueiro e Caldeliñas, no concello de Verín.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 20 de febreiro de 2024, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Veciñal de Salgueiro e Caldeliñas, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salgueiro e Caldeliñas, no concello de Verín, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 14 de maio de 2019 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da CMVMC de Salgueiro e Caldeliñas, no que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Ampliación de Veciñal de Salgueiro e Caldeliñas.

Segundo. Con data do 23 de outubro de 2023, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentara ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación obrante no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Ampliación de Veciñal de Salgueiro e Caldeliñas.

Superficie: 3,15 ha.

Pertenza: CMVMC de Salgueiro e Caldeliñas.

Parroquia: Vilamor do Val (Santiago).

Concello: Verín.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32086A503050010000AP (rústica)

32086A503050010001SA (urbana)

Norte

32086A50301890

32086A50300371

32086A50300370

32086A50300369

32086A50300368

32086A50300367

32086A50300366

32086A50300365

32086A50309082

32086A50300355

Leste

32086A50300355

32086A50300356

32086A50300364

32086A50300363

32086A50300355

32086A50309069

32086A50300335

32086A50300333

32086A50300332

32086A50300328

32086A50310327

32086A50300327

32086A50305002

32086A03409008

Sur

32086A50300325

000600300PG34E

32086A50300323

32086A50300322

32086A50309092

32086A50300389

32086A50309094

32086A50300391

32086A50300388

Oeste

32086A50300387

32086A50300382

32086A50300381

32086A50300380

32086A50300379

32086A50300378

32086A50300375

32086A50300372

Hai que sinalar que dentro do predio obxecto da solicitude obsérvanse os seguintes usos:

Unha edificación de planta baixa situada dentro da referencia catastral 32086A503050010001SA, e uso principal «espectáculos» segundo o Catastro.

Unha pista polideportiva, separada da anterior edificación, pero que comparte con ela a mesma referencia catastral.

Unha pequena zona axardinada dotada de 3 columpios, bancos e algúns pés para dar sombra. A dita zona atópase anexa á anterior pista polideportiva, aínda que non está catastrada coma recinto.

Por último, cómpre sinalar que a parcela está rodeada, ao longo do seu perímetro norte, sur e oeste, por unha pista asfaltada que non está catastrada senón que se atopa incluída dentro dela, e que parece conectar algúns dos barrios situados entre os lugares de Salgueiro e Caldeliñas.

O resto dos terreos están a prado con aproveitamento aparente de sega, contendo arborado disperso de carballos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación de Veciñal de Salgueiro e Caldeliñas, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salgueiro e Caldeliñas, no concello de Verín, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 28 de febreiro de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense