DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 5 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2023/0139-3 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados poden comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias desta xefatura territorial na avenida da Habana, nº 79, 7º andar, Ourense.

Fáiselles saber ás persoas interesadas que poden formular recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en Ourense, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que, noutro caso, incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda e Administración Pública nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 5 de marzo de 2024

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Acta infracción número

NIF/CIF

Concello

Materia

Data da resolución

139/2023

I322023000032860

34627970K

Pontedeva

Obstrución

6.2.2024

152/2023

I322023000028416

Y0170571V

Verín

Seguridade e saúde

6.2.2024