DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de Ahosgal (Asociación de Hospitales Privados de Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos neste, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral, acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos de Ahosgal (Asociación de Hospitales Privados de Galicia) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: hospitais privados médico-quirúrxicos con ánimo de lucro ou excedentes ou sen ánimo de lucro, debidamente acreditados pola Xunta de Galicia, que teñan o seu hospital en funcionamento na Comunicade Autónoma de Galicia.

– Asinantes: David Morante Sueiro e José Ignacio Vidal López.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2024

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais