DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Profesional de Enxeñeiros Técnicos Forestais da Xunta de Galicia, na que se aproba o cambio de denominación a Asociación Profesional de Enxeñaría Forestal da Xunta de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos neste, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación Profesional de Enxeñeiros Técnicos Forestais da Xunta de Galicia, na que se aproba o cambio de denominación a Asociación Profesional de Enxeñaría Forestal da Xunta de Galicia (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: está integrada por persoas profesionais, empregadas públicas da Xunta de Galicia, que voluntariamente soliciten asociarse e cumpran os requisitos establecidos nestes estatutos e que pertenzan á escala de Enxeñaría Técnica da especialidade de Enxeñaría Técnica Forestal, á escala de Enxeñaría da especialidade de Enxeñaría de Montes dos corpos facultativos de grao medio e superior da Xunta de Galicia, e tamén por aquelas persoas empregadas públicas, tituladas en Enxeñaría Técnica Forestal ou Enxeñaría de Montes ou con titulación equivalente, pertencentes ao corpo de profesores de Ensino Secundario ou ao corpo de Profesores Técnicos de FP, e tamén polas que sexan persoal laboral do grupo 2 da categoría 039-SEC/ESP 01 ou persoal laboral do grupo 1 da categoría 038-SEC/ESP 01

– Asinantes: María del Carmen Cabanas Fernández e Ramón Rozadillas Valverde.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais