DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de CGT (Confederación General del Trabajo de Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos neste, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos de CGT (Confederación General del Trabajo de Galicia) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: pódense integrar todos os sindicatos de traballadores e traballadoras de calquera actividade de Galicia.

– Asinantes: José Pedro del Río Lombao e Miguel Ángel Cuña Casasbellas.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais