DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de Sepga (Sindicato de Empleados Públicos de Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos neste, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral, se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos de Sepga (Sindicato de Empleados Públicos de Galicia) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderá pertencer ao sindicato todo o persoal funcionario que forme parte dos corpos de Administración xeral ou especial da Comunidade Autónoma de Galicia e pertenza ao grupo A (subgrupos A1 e A2) nas diferentes escalas ou subescalas que os conformen.

– Asinantes: María Genma Soto Pérez e José Carlos Fagín Taboada.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais