DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2024 Páx. 19023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa de peche a varias instalacións eléctricas no concello de Ourense (expediente IN407A 2024/023-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa de peche das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 2.2.2024 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: desmontaxe CT estación autobuses-32CN56, LMTS e RBT na estrada de Vigo, núm. 1 (Ourense).

Situación: concello de Ourense.

Orzamento: 5.589,26 €.

Características técnicas:

• Desmantelamento do CT estación autobuses-32CN56 de tipo convencional en local de edificio.

• Desmontaxe de dous treitos da LMTS VLL807 Oira, que actualmente alimenta o dito CT, e que son:

1. Treito comprendido entre o CT vivendas estación autobuses-32CS42 e o CT estación autobuses-32CN56 (que se retirará).

2. Treito que une o CT estación autobuses-32CN56 (que se retirará) co punto A do plano do proxecto denominado Manobras eléctricas rede MT.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo IV do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa de peche ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo para a realización do peche e desmantelamento de instalacións será de 6 meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Producirase a caducidade da presente autorización se, transcorrido aquel, a empresa eléctrica non comunica a finalización das obras, iso para o levantamento da acta de peche prevista no artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 20 de febreiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense