DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2024 Páx. 19025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2023/182-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 7.11.2023 en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio: avenida de San Luis, nº 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS e CS parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

Situación: parque empresarial, concello do Pereiro de Aguiar.

Orzamento: 32.671,30 €.

Características técnicas:

• Desconexión do centro de seccionamento CS Hispaplastic-32CCX5 da LMTS SCV816, desmontando os 12 m do condutor RHZ1-240 actuais desde a arqueta de entrada ata as celas de liña existentes.

• LMTS, a 20 kV, de 16 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, coa orixe e final nos empalmes que se van realizar na LMTS SCV816 existente despois de facer entrada/saída no centro de seccionamento proxectado.

• Centro de seccionamento proxectado, de tipo prefabricado compacto de manobra exterior con envolvente de formigón 3L 2TC GSM/GPRS/FO +TT.

• Cambio de configuración do centro de seccionamento existente CS Hispaplastic- 32CCX5 que pasará a ser edificio de protección e medida particular.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 20 de febreiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense