DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2024 Páx. 19078

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial Mineira de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024 pola que se convocan as eleccións para renovación da Xunta Directiva.

O artigo 37 do Regulamento para o Réxime Interior da Cámara Oficial Mineira de Galicia, aprobado mediante Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 5 de abril de 2018, sinala que corresponde ao presidente da Cámara a convocatoria de eleccións para a renovación da Xunta Directiva desta, logo de comunicación ao órgano tutelar.

Tras a comunicación ao órgano tutelar e dentro dos prazos establecidos no citado artigo 37 do Regulamento, con data do 10.1.2024 o presidente da Cámara acordou a apertura do proceso electoral.

Para garantir a transparencia e a obxectividade do proceso electoral, conforme o artigo 39 do regulamento, constituíuse a Xunta Electoral o 18.1.2024, con sede no domicilio social da Cámara Oficial Mineira de Galicia.

Unha vez aberto o proceso electoral e transcorridos os prazos previstos para a exposición pública dos censos electorais e de reclamacións, corresponde ao presidente da Cámara a convocatoria das eleccións para a renovación da Xunta Directiva.

ACORDO:

Un. Obxecto

Convocar eleccións para a renovación da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia.

Dous. Prazo e presentación das persoas electoras

As candidaturas elixibles por sufraxio do electorado presentarán escrito ante a Secretaría da Cámara durante os dez días seguintes á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará ás 24 horas do décimo día, contado desde a devandita data.

Tres. Requisitos e proclamación dos candidatos

1. Os candidatos a formaren parte da Xunta Directiva da Cámara, ademais de cumpriren os requisitos necesarios para seren electores, deberán cumprir os requisitos previstos no artigo 36 do Regulamento para o réxime interior da Cámara Oficial Mineira de Galicia aprobado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 5 de abril de 2018.

2. Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas conforme o artigo 36 do regulamento, a Xunta Electoral, despois de comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos para a presentación de candidaturas procederá á proclamación dos Candidatos no prazo de cinco días contados desde a data na que finalizou a súa presentación.

Catro. A data e o horario das eleccións por sufraxio do electorado

As eleccións dos vogais de Xunta Directiva dos distintos grupos e categorías terán lugar o 29.4.2024 na sede da Cámara entre as 9.00 e as 19.30 horas.

Cinco. Proclamacións de electos sen elección

Segundo o artigo 40.3 do Regulamento, cando o número de candidatos proclamados por un grupo ou categoría resulte igual ao dos membros a elixir, a súa proclamación equivalerá á elección desta.

No caso de que o número de candidatos fose inferior ao dos membros a elixir a xunta electoral dará por elixidos aos proclamados e no prazo de oito días elixirá, mediante sorteo entre os socios electores e elixibles do grupo ou categoría correspondente, os necesarios para cubrir as vacantes.

A Secretaría da Cámara convocará os membros electos nun prazo non superior a un mes desde a súa elección, para tomaren posesión e constituír a nova Xunta Directiva.

Seis. Colexio Electoral

O Colexio electoral único instalarase no domicilio social da Cámara Oficial Mineira de Galicia: rúa Juana Capdevielle, 2, 15008 A Coruña.

Sete. Mesa Electoral

A Mesa Electoral estará formada por un presidente e dous vogais designados pola Xunta Electoral de entre os socios electores e elixibles que non sexan candidatos, segundo o artigo 44 do Regulamento.

Oito. Voto por correo

As persoas electoras que prevexan que na data das eleccións non poderán comparecer no colexio electoral poderán exercer o seu dereito ao voto emitíndoo por correo postal certificado e urxente ou electrónico a cmg@camaraminera.org, logo da solicitude persoal á Cámara, dentro dos dez días seguintes ao da publicación desta convocatoria, segundo o modelo normalizado que figura na web da Cámara Oficial Mineira de Galicia (https://camaraminera.org/) conforme o artigo 41 do Regulamento.

Nove. Papeletas e sobres

As papeletas e sobres para o voto presencial ou por correo seguirán os modelos normalizados que estarán á disposición dos socios electores e elixibles na web da Cámara Oficial Mineira de Galicia (https://camaraminera.org/) conforme o artigo 41 do Regulamento. Nas papeletas indicarase, no caso de persoas físicas, os apelidos e nome e, no caso de persoas xurídicas, a denominación social, das persoas candidatas ordenadas alfabeticamente, de forma que a persoa electora marcará cunha cruz o recadro da papeleta normalizada correspondente aos candidatos ou lista da súa elección. As papeletas configuradas e impresas despois da proclamación de candidatos manterán a súa validez durante todo o proceso electoral.

A Coruña, 4 de marzo de 2024

Juan José López Muñoz
Presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia