DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2024 Páx. 19077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de operario/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 35, do 19 de febreiro de 2024, publicaronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de operario/a de servizos múltiples, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo V, nivel 14, código RPT 05.453.02.09, a través do proceso selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ribeira, 19 de febreiro de 2024

Luis Antonio Pérez Barral
Alcalde