DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2024 Páx. 19071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Unha vez cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade das resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Data da resolución: 6.2.2024.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-48-97-C-2.

Obxecto da concesión: construción de nave taller de reparación de motores no porto de Ribeira.

Porto: Ribeira.

Concesionario: Miguel Piñeiro Pérez.

Superficie concedida no título concesional: 160 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: ata o 10.1.2025.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 650,30 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de talleres de reparación de embarcacións e depósito de embarcacións.

– Data da resolución: 15.2.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-30-18-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 12.30.edf.007 (nave de redes) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de reparación e almacenaxe de redes e lavado de caixas.

Porto: Camariñas.

Concesionario: Confraría de Pescadores Virxe do Monte de Camariñas.

Superficie concedida no título concesional: 440 m2.

Investimento: 135.779,30 € (sen IVE).

Prazo da concesión: vinte (20) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 183,77 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de naves de reparación de redes e do 1 % das actividades portuarias de departamentos de almacenamento de aparellos de pesca e/ou caixas.

– Data da resolución: 19.2.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-27-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio lonxa (12.27.edf.002) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación indirecta do servizo de lonxa.

Porto: O Barqueiro.

Concesionario: Confraría de Pescadores do Barqueiro-Bares.

Superficie concedida no título concesional: 219 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 428,78 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

– Data da resolución: 23.2.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-30-21-C-2.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie, voo e do edificio nave de redes (13.30.edf.006) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de reparación de redes.

Porto: A Guarda.

Concesionario: Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia.

Superficie concedida no título concesional: 501,30 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 259,44 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de naves de reparación de redes.

– Data da resolución: 27.2.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-55-23-C-2.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e parcialmente o edificio 12.55.edf.005 (almacén e bar) para o desenvolvemento da actividade de bar-restaurante.

Porto: Rianxo.

Concesionario: José Jorge López Rouco.

Superficie concedida no título concesional: 326 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: cinco (5) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 9.108,52 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2,0 % das actividades non estritamente portuarias de bar-restaurante.

– Data da resolución: 27.2.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-05-20-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e parcialmente do edificio 13.05.edf.001 para o desenvolvemento da actividade de vestiarios, almacén e garaxe de vehículos relacionados coa actividade pesqueira e marisqueira.

Porto: Vilanova de Arousa.

Concesionario: Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa.

Superficie concedida no título concesional: 245 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 6.388,70 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de medios mecánicos vinculados ás actividades portuarias, do 1 % das actividades portuarias de departamentos de almacenamento de aparellos de pesca e/ou caixas e do 1,5 % das actividades portuarias de vestiarios.

– Data da resolución: 29.2.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-21-23-C-2.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 12.21.edf.008 (PIF) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de viveiro experimental para mantemento e engorda de poliquetos para a súa utilización como cebo vivo.

Porto: Laxe.

Concesionario: Carlos Martínez Mariño.

Superficie concedida no título concesional: 318 m2.

Investimento: 18.034,56 € (sen IVE).

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 3.829,20 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de viveiros.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia