DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18745

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar o 1 e o 5 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 233, do 11 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións de 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, unha vez revisadas as reclamacións presentadas en relación coas preguntas do primeiro exercicio do proceso selectivo, anular as preguntas 23, 55, 95 e 98 que, en consecuencia, pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 161, 162, 163 e 164.

Así mesmo, modificar a relación de respostas correctas publicada nos seguintes casos: na pregunta 8, pasa a ser correcta a resposta b) en lugar da a); na pregunta 9, pasa a ser a b) en lugar da a); na pregunta 17, pasa a ser a d) en lugar da a); na pregunta 53, pasa a ser a b) en lugar da c), e na pregunta 165, que pasa a ser a b) en lugar da a).

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán este primeiro exercicio as persoas aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de quince (15) puntos.

Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, por acordo deste tribunal do 1 de febreiro de 2024, polo que se establecen os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio da fase de oposición, estableceuse que superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número de catro (4) persoas, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

O exercicio cualificarase de cero (0) a trinta (30) puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Asignaráselles a valoración de quince (15) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os cero (0) e os trinta (30) puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Unha vez realizada a corrección na sesión que tivo lugar o 5 de marzo, acadaron a puntuación mínima de quince (15) puntos un total de catro (4) persoas aspirantes, e fixouse en 87,5 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base III.1.1.1 da convocatoria, e que os aspirantes superasen, en cada una das partes do exercicio, o mínimo do 40 % das respostas correctas.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 20 de febreiro de 2024, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), no portal web da Xunta de Galicia: www.funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo dos dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Sexto. De conformidade co disposto na base V.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2024

Roberto Arias Sánchez
Presidente do tribunal