DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18742

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

O 6.9.2023 publicouse no DOG a Resolución do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), (DOG núm. 169, do 6 de setembro).

Detectados erros e tras as alegacións efectuadas en relación coa publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, o 2.2.2024 publicouse no DOG (núm. 24) a Resolución do 25 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), en adiante, a Resolución do 25.1.2024.

Na Resolución do 25.1.2024, a Dirección Xeral da Función Pública dispuxo incluír na relación definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, a aspirante Diana Nogueiras Iglesias (DNI ***6639**).

Por erro, a Resolución do 25.1.2024 non foi publicada ata o 31.1.2024 no portal web da Función Pública, e ata o 2.2.2024 no DOG (núm. 24), a pesar de que o primeiro exercicio do proceso selectivo tivo lugar o 28.1.2024. Tampouco se notificou de xeito individual a persoa aspirante admitida.

O 28.1.2024 tivo lugar a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, ao que non se presentou a aspirante Diana Nogueiras Iglesias (DNI ***6639**), debido ao descoñecemento da súa admisión.

Na sesión que tivo lugar o 4 de marzo de 2024, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar a aspirante Diana Nogueiras Iglesias (DNI ***6639**) para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), o día 19 de marzo de 2024, xunto co resto de aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo.

En virtude da Resolución do tribunal do 26 de febreiro de 2024, o exercicio terá lugar o 19 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2, 6, 7 e 11 da Escola Galega da Administración Pública, no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Segundo. Convocar a aspirante Diana Nogueiras Iglesias (DNI ***6639**) para a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), o día 2 de abril de 2024.

O exercicio terá lugar o 2 de abril de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Terceiro. A corrección do segundo exercicio da aspirante Diana Nogueiras Iglesias (DNI ***6639**) quedará condicionada á superación do primeiro exercicio por parte da aspirante. Na súa virtude, o tribunal levará a cabo a corrección do primeiro exercicio de Diana Nogueiras Iglesias con carácter previo ao inicio da corrección dos segundos exercicios realizados por todas as persoas aspirantes que continúan no proceso selectivo.

Cuarto. Na corrección do primeiro exercicio da aspirante Diana Nogueiras Iglesias (DNI ***6639**) resultarán de aplicación os mesmos criterios de corrección, valoración e superación aprobados polo tribunal na sesión do 26.12.2023, aplicados no primeiro exercicio realizado o 28.1.2024 e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De conformidade co disposto na base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2024

Iris Ferradás Cao
Presidenta do tribunal