DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18740

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio, polo que se dá publicidade de diversos acordos.

O tribunal nomeado por Resolución do 13 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro) para cualificar este proceso selectivo,

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas número 53, 58 e 84. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 134, 135 e 136. Modificar o cadro de respostas na pregunta 80, en que é correcta a alternativa d). Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, e de acordo cos criterios de corrección publicados, unha vez feita a corrección superan o exercicio oito (8) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 30 puntos e fíxase en 82,25 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base III.1.1 da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o exercicio único do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base III.1.1 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024

María Polo Piñeiro
Presidenta do tribunal