DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18738

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 21 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de abril de 2023 (DOG núm. 83, do 2 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso por acceso libre no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, o terceiro exercicio da fase de oposición cualificarase como apto ou non apto e corresponderalle ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

Segundo. Publicar a cualificación obtida polo aspirante presentado ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos:

Apelidos e nome

NIF

Cualificación 3º exercicio

Rubén Vila Salgado

***5722**

Apto

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, a persoa aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal