DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se publica a resolución de concesión das axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, ao abeiro da Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión destas axudas e se convocan para o ano 2023, dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento MR406B).

O día 27 de outubro de 2023, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e pola que se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A Orde do 17 de outubro de 2023 convoca para o exercicio 2023 dúas liñas de axudas e o procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva. As axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo (código de procedemento MR406B) son as da liña 1, axudas de minimis, da convocatoria.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e dando cumprimento ao artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude da Orde do 17 de novembro de 2015, da Consellería do Medio Rural, de delegación de competencias en diversos órganos desta consellería (artigo 2) (DOG núm. 223, do 23 de novembro), o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias,

ACORDA:

A publicación do contido da Resolución do 3 de xaneiro de 2024, da Consellería do Medio Rural, de concesión das axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo (código de procedemento MR406B), ao abeiro da Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e pola que se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A Orde do 17 de outubro de 2023 (DOG núm. 205, do 27 de outubro) publicouse de acordo coas bases reguladoras establecidas no Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE núm. 263, do 3 de novembro).

A) Información xeral sobre a liña de axudas:

– Esta axuda forma parte do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España. Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).

– Obxectivo estratéxico/operativo/instrumental e finalidade: mellorar a sustentabilidade, a resiliencia e a competitividade do sector agroalimentario, desde o punto de vista económico, ambiental e social, nos centros de limpeza e desinfección.

– Política panca dentro do PRTR: política número 1 Axenda urbana e rural, loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura.

– Compoñente dentro da política número 1: compoñente 3 Transformación ambiental e dixital do sistema agroalimentario e pesqueiro.

– Medida dentro do compoñente 3: investimento 3 Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e da gandaría (II): reforzo dos sistemas de capacitación e bioseguridade en centros de limpeza e desinfección (acrónimo C3.I3).

– A contribución da medida C3.I3 é a seguinte: un 100 % aos obxectivos climáticos e un 40 % aos obxectivos ambientais (á transición ecolóxica) (campo de intervención, etiqueta 027); o compoñente C3 ten unha contribución do 6 % aos obxectivos de transformación dixital.

– Nome do subproxecto: melloras en bioseguridade para a modernización ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando en Galicia.

– Trátase dun réxime de axudas do Estado de minimis. O procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

– Financiamento das axudas: financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

B) Consideracións legais:

• Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.

• Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).

• Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046, do 18 de xullo, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento financeiro).

• Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088 (Regulamento de taxonomía).

• Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

• Directiva (UE) nº 2017/1371 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo, sobre a loita contra a fraude que afecta os intereses financeiros da Unión a través do dereito penal.

• Comunicación da Comisión sobre as directrices aplicables ás axudas estatais nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais (2022/C 485/01).

• Proposta de decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España, do 16.6.2021, e o anexo da proposta coas reformas e investimentos recollidos no PRTR.

• Lei orgánica 1/2019, do 20 de febreiro, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, para traspoñer directivas da Unión Europea nos ámbitos financeiro e de terrorismo, e abordar cuestións de índole internacional.

• Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

• Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR.

• Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

• Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

• Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que proporcionan as entidades do sector público estatal, autonómico e local, para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos, e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR.

• Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

• Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

• Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

C) Obrigas das persoas beneficiarias das axudas:

1. Obrigas en materia de emprego:

As persoas/entidades beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigas en materia de emprego, sen prexuízo das eventuais limitacións relacionadas coa normativa do réxime de axudas do Estado que sexa de aplicación:

– Ter o seu domicilio fiscal e o seu principal centro operativo en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto de subvención.

– Prestar as actividades obxecto da subvención desde centros de traballo situados en España.

– Contribuír á creación e ao mantemento en España de todo o emprego necesario para a prestación da actividade obxecto da subvención, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

2. No tocante ás obrigas de comunicación do financiamento público das axudas, por parte das persoas/entidades destinatarias finais delas:

– As accións de información e comunicación farán referencia á orixe do financiamento das actuacións e serán visibles, incluirán o emblema da Unión e unha declaración axeitada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, e facilitarán información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

– Nos lugares de realización das actuacións informarase do apoio do fondo NextGenerationEU a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3, nun lugar destacado e visible. O contido total do cartel será: o nome da actuación, o escudo de Galicia e mais o texto de «Xunta de Galicia», o emblema da Unión Europea e texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», o logo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (emblema e texto, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual), o escudo de España co texto de «Gobierno de España» e «Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación».

– Informar a través da páxina web, en caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

3. Obrigas de conservación da documentación:

Deberán conservarse os libros contables, as facturas, os permisos administrativos, rexistros dilixenciados e demais documentos relacionados coa axuda, os que acrediten os gastos, os pagamentos, etc. e toda a documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos, durante un período mínimo de 5 anos a partir da recepción do último pagamento. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000,00 euros.

4. Cumprimento do principio DNSH:

É obrigatorio o compromiso de respectar o principio horizontal de non causar un prexuízo significativo (polas súas siglas en inglés DNSH-Do no significant harm) a ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño (Regulamento de taxonomía), durante a execución das actuacións.

5. Obriga de facilitar información sobre os fondos percibidos:

Estas axudas atópanse suxeitas aos controis dos órganos estatais e autonómicos (Tribunal de Contas, Consello de Contas, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, etc.) e, así mesmo, aos órganos de control da UE (Comisión Europea, Tribunal de Contas Europeo, OLAF e Fiscalía Europea), no exercicio das súas funcións de control e inspección sobre o destino dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).

D) Financiamento das axudas:

1. As axudas recollidas na Orde do 17 de outubro de 2023 están financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado (Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU), e o seu financiamento efectuarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Liña 1: axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade:

• 14.04.713E.760.3, que se dota para o ano 2023 cun crédito de 19.000,00 euros.

• 14.04.713E.770.3, que se dota para o ano 2023 cun crédito de 10.103,55 euros e para o ano 2024 cun crédito de 261.931,91 euros. En total, 272.035,46 euros.

O orzamento total das dúas aplicacións é de 291.035,46 euros.

O código do proxecto é 2021 00204.

b) Liña 2: axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución:

• 14.04.713E.770.1, que se dota para o ano 2023 cun crédito de 65.572,02 euros e para o ano 2024 cun crédito de 590.148,22 euros. En total, 655.720,24 euros.

O código do proxecto é 2021 00203.

2. As ditas aplicacións orzamentarias poderán incrementarse, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. No suposto de existiren remanentes dun proxecto ou dunha aplicación, poderíanse empregar para financiar as solicitudes doutro proxecto ou doutra aplicación.

E) Consideracións administrativas:

– Na Subdirección Xeral de Gandaría examináronse as seis solicitudes presentadas e mais a documentación complementaria achegada, e comprobouse que todas elas cumpren os requisitos para a concesión das axudas establecidos na Orde do 17 de outubro de 2023.

– Prazo de execución: 1 ano desde a concesión da subvención.

– Os investimentos subvencionables son os que se recollen no artigo 30 da Orde do 17 de outubro de 2023 da Consellería do Medio Rural.

– As seis solicitudes propostas inclúen:

a) En cinco solicitudes, actuacións de mellora nos centros de limpeza e desinfección (CLD), é dicir, son en CLD xa existentes. Neste caso, para cada CLD:

• Investimento máximo subvencionable: 100.000,00 €.

• Intensidade máxima da subvención: 70 % do investimento.

• Contía máxima da axuda por persoa/entidade beneficiaria: 70.000,00 €.

b) Unha solicitude é para a construción dun novo CLD (expediente núm. CLD/ MR406B/2023/02). Neste caso:

• Investimento máximo subvencionable: 200.000,00 €.

• Intensidade máxima da subvención: 70 % do investimento.

• Contía máxima da axuda por persoa/entidade beneficiaria: 140.000,00 €.

– Para o expediente número CLD/MR406B/2023/03, a nome do Concello de Viana do Bolo, esgotarase o crédito dispoñible (19.000,00 €) na aplicación orzamentaria 14.04.713E.760.3 que financia as axudas da liña 1.

– No cumprimento do artigo 13 da Orde do 17 de outubro de 2023, a resolución de subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas/entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se entenda denegada a axuda, se a resolución for presunta.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a resolución presunta.

– Conforme o contido do artigo 11 da Orde do 17 de outubro de 2023, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta resolución de concesión das axudas, que produce os efectos de notificación ás persoas/entidades beneficiarias delas.

Así mesmo, a data de publicación no DOG é a que será tida en conta para os efectos do cómputo de prazos.

– No anexo (axudas aprobadas) recóllese a listaxe das persoas/entidades beneficiarias e os importes concedidos.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do 16.1.2024)
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Solicitudes aprobadas

Núm. de expediente

Nome e apelidos/razón social da persoa ou entidade beneficiaria

NIF

Investimentos solicitados (€)

Investimentos subvencionables (€)

Intensidade da axuda

Importe total da axuda (€)

CLD/MR406B/2023/01

Rosales Grupo Avícola, S.L.

***1478**

125.800,00

100.000,00

70 %

70.000,00

CLD/MR406B/2023/02

Transportes Valín e Hijos, S.A.

***1018**

69.914,00

69.914,00

70 %

48.939,80

CLD/MR406B/2023/03

Concello de Viana do Bolo

***0870**

33.053,91

33.053,91

57,48 %

19.000,00

CLD/MR406B/2023/04

Carniceros Asociados de Cambados, S.L.

***4982**

41.830,00

41.830,00

70 %

29.281,00

CLD/MR406B/2023/05

Comercial Turbomotriz Atlántica, S.L.

***7025**

101.131,75

100.000,00

70 %

70.000,00

CLD/MR406B/2023/06

Suministros Medina, S.L.

***3233**

232.282,94

100.000,00

70 %

70.000,00

Importe total da axuda (€)

307.220,80