DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Lugo, rolda da Muralla, 70, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións. Advírtese que, de non facelo así, se terán por efectuadas as notificacións cando venza o prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Lugo, 22 de febreiro de 2024

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS650G

Núm. expediente

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución

Data do acto administrativo

27/00305-X/22

Y1537270X

Extinción

14.7.2023

27/00306-X/22

Y1537353R

Extinción

17.7.2023