DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto reforma LMT TRO718 CT proxectado Fonte das Mozas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT TRO718 CT proxectado Fonte das Mozas, no concello de Vigo, que figura no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares das contas en que se ingresará o depósito.

Vigo, 27 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/36-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMT TRO718 CT proxectado Fonte das Mozas.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Titular

Deposito prezo xusto

1

54057A022005810000AF

Descoñecido

2024/54/88