DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Curtis (expediente IN407A 2023/218-1).

Expediente: IN407A 2023/218-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de telecontrol en LMT SDG705 entre os apoios B1EDGOIP//29 e B1AT0F8P//29-B-1.

Concello: Curtis.

Feitos:

1. O día 26 de abril de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co fin de mellorar a calidade e seguridade da subministración de enerxía eléctrica no lugar de Vilardois, parroquia de Curtis, concello de Curtis, proxéctase a instalación dun elemento de seccionamento telecontrolado en novo apoio de tipo metálico na liña de distribución de media tensión LMT SDG705 Guitiriz 5 (expediente 27.318 e 50.765), procedente da subestación Sidegasa e a substitución dun apoio de formigón existente por outro de tipo metálico e do seccionador XS existente.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado: instalación de telecontrol en LMT SDG705 entre os apoios B1EDGOIP//29 e B1AT0F8P//29-B-1, asinado o 13 de decembro de 2022 por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica con número colexial 4.781 de Vigo (CoitiVigo), así como a relación de bens e dereitos afectados polo proxecto.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 158, do 22.8.2023, e no BOP núm. 147, do 3.8.2023.

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación poida prexudicar a bens dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe a Augas de Galicia (Zona Hidrográfica Galicia-Norte)-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña; Servizo do Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, e Concello de Curtis. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado, a saber, Patrimonio Cultural.

4. O 3 de novembro de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicita, ante esta xefatura territorial, a desistencia da declaración de utilidade pública por chegar a un acordo co propietario do predio afectado pola expropiación e a continuidade da tramitación regulamentaria para a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do dito proxecto.

5. O 22.1.2024 emitiuse o correspondente informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte coa disposición transitoria primeira do Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están no lugar de Vilardois na parroquia de Curtis, concello de Curtis.

– Instalación ITC no apoio proxectado tipo C-4500/14 que se vai instalar entre os apoios existentes números 29 e 29-B-1 da LMT SDG705 Guitiriz 5 (expediente 27.318 e 50.765), procedente da subestación Sidegasa. Retirada de cortacircuítos fusible XS do apoio número 6-50-1. Retensado do treito LMTA a 20 kV existente entre apoio número 6-50-1 a número 6-50-3. Substitución do apoio núm. 29-B-1 de formigón por un tipo C-2000/16 e do seccionador XS existente.

– Substitución de condutor en treito: LMTA a 15 kV de 79 metros, condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no apoio proxectado e remate no apoio núm. 29-B-1 existente. Retensado dos vans entre os apoios núm. 29 existente e o apoio proxectado e entre os apoios número 29-B-1 e 29-B-2 e entre os apoios número 29-B-1 e o 29-B-1-1-CT.

Cuarto. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

–Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 6 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña