DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Outes (expediente IN407A 2022/74-1).

Expediente: IN407A 2022/74-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificado M1: LMTS, CT e RBT Áspera.

Concello: Outes.

Feitos:

1. O día 9 de outubro de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do modificado M1 do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. O 16 de outubro de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. presenta, ante esta xefatura territorial, un novo modificado ao proxecto, que substitúe o modificado M1 presentado con anterioridade. Co fin de mellorar a calidade da subministración no lugar de Áspera, no concello de Outes, proxéctase a instalación dun centro de transformación de 100 kVA e unha liña de media tensión soterrada que o conectará coa liña de distribución TA2808 (expediente 337/04) procedente da subestación de Tambre II. O obxecto do modificado 1 é reflectir o cambio de localización do centro de transformación proxectado e, como consecuencia diso, as variacións na liña subterránea de media tensión e nas liñas subterráneas e aéreas de baixa tensión proxectadas, por acordo acadado coas persoas propietarias do predio 1.

Ao abeiro do establicido no artigo 123 do Real decreto 1955/2000, entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que comprende os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado: modificado M1: LMTS, CT e RBT Áspera, asinado o 9 de outubro de 2023 por Victoriano González Lemos, inxeñeiro técnico industrial eléctrico co número colexial 2.980 de Vigo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación poida prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. UFD Distribución Electricidad, S.A. achega os preceptivos informes do Servizo de Montes-Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña e do Concello de Outes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, a saber, montes e o concello.

4. O 30.1.2024 emitiuse o correspondente informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte coa disposición transitoria primeira do Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están no lugar de Áspera, no concello de Outes.

• LMTS a 20 kV de 348 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, coa orixe no apoio 9LBX3MPN//67 existente da liña LMT TA2808 (expediente 337/04), procedente da subestación de Tambre II e remate no CT proxectado.

• CT Áspera prefabricado tipo rural, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cuarto. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 6 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña