DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2023/246-1).

Expediente: IN407A 2023/246-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT POR706 en AMAGL1TI//117-2 (O Pino).

Concello: O Pino.

Feitos.

1. O día 5 de maio de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de mellorar a calidade e seguridade do servizo eléctrico.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, a empresa promotora achega o proxecto de execución denominado Instalación de telecontrol en LMT POR706 en AMAGL1TI//117-2 (O Pino), asinado o 15 de febreiro de 2023 con declaración responsable da mesma data por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñería eléctrica con número colexial 4.684 de Vigo (Coitivigo) xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un Acordo do 11 de agosto de 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 6 de setembro de 2023, núm. 169.

• BOP: 18 de agosto de 2023, núm. 157.

• Xornal La Voz de Galicia: 8 de setembro de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal da Secretaría do Concello do Pino do 2 de novembro de 2023.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe a Augas de Galicia (Zona Hidrográfica Galicia Norte)-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña; o Servizo de Infraestruturas Agrarias-Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña; Demarcación de Estradas do Estado en Galicia-Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, e o Concello do Pino. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, a saber, de estradas, infraestruturas agrarias e o concello. No día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, Augas de Galicia, á solicitude do condicionado solicitado.

5. O día 2.2.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4.7.2022), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25.5.2023), consonte coa disposición transitoria primeira do Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23.6.2023).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente está no lugar de Piaxoi, concello do Pino.

Modificación, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña POR-706 autorizado no expediente 31.425, de 534,8 metros de lonxitude en condutores tipo LA-30 e PAS-50, comprendido entre os seus apoios número 117-1 (matrícula AMBG9X8J) de formigón tipo AM-AG-HP-630/14-B2-CA, en que ten orixe a derivada ao CT Barcia (matrícula 15A178) e número 117-4 (matrícula AM3X406L) de formigón tipo S-AL-HV-400/14-B2-CSRI, consistente en:

– Substitución, respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15067A501000870000QU localizada no lugar de Piaxoi, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 117-1, do apoio núm. 117-2 (matrícula AMAGL1TI) de formigón tipo AM-AL-HV-400/14-CR1-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AC-C-2000/14-H40R-CA(CS), en que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipamento interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que pasa a ter a condición de frecuentado. Esta operación implicará a retirada dos elementos de protección e manobra tipo SXS instalados na actualidade.

– Substitución, respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15067A501001510000QZ localizada no lugar de Cerrada, cun lixeiro desprazamento cara ao novo apoio núm. 117-2, do apoio núm. 117-3 (matrícula: AM5U7HR9) de formigón tipo AM-AL-HV-400/14-H35-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AC-C-2000/18-H35-CA(CS).

– Instalación, intercalado entre os novos apoios números 117-2 e 117-3 proxectados, na parcela con referencia catastral 15067A501001510000QZ, dun novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H40R-CA(CS).

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña POR-706 de 70,3 metros de lonxitude comprendido entre o apoio número 117-1 existente e o novo apoio número 117-2 proxectado.

– Retensado do condutor tipo PAS-50 (condutor existente) no van da liña POR-706 de 136,5 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio núm. 117-3 proxectado e o apoio núm. 117-4 existente.

– Substitución do condutor tipo LA-30 (condutor existente) por un novo condutor tipo LA-56 no treito da liña POR-706, de 328 metros de lonxitude, comprendido entre os novos apoios número 117-2 e 117-3 proxectados.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da mencionada Lei 39/2015.

A Coruña, 6 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT POR706 en AMAGL1TI//117-2 (O Pino)

Relación de bens e dereitos afectados - concello do Pino (A Coruña)

Parcela proxecto

Propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

2

Carmen Otero Vázquez

15067A501001510000QZ

Lugar de Cerrada

Novo apoio intercalado e apoio núm. 23

2+2=4

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

Abreviacións:

ml aér: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot: superficie de servidume soterrada en m2.