DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2023/552-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios B5V2H6X9//161-12 e B5XASCOR//161-13 na LMTA LAL811 en Romaces.

Situación: Rodeiro.

Características técnicas:

– Substitución dos apoios B5V2H6X9//161-12 e B5XASC0R//161-13 por un apoio C-1000/18 e un C-1000/20, respectivamente, e instalación dun novo apoio C-1000/12.

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 286 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-1000/12 e final no apoio proxectado C-1000/20.

A instalación está situada no lugar de Romaces, na parroquia de Río, no municipio de Rodeiro (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/552-4.

Denominación: substitución dos apoios B5V2H6X9//161-12 e B5XASCOR//161-13 na LMTA LAL811 en Romaces.

Concello: Rodeiro.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

1

Areosa

Rústico

36047A106002090000LK

José Luis Bugán Iglesias

C-1000/12

1,05

2

Areosa

Rústico

36047A106002070000LM

José Luis Bugán Iglesias

C-1000/18

B5V2H6X9//161-12

1,85

3

Areosa

Rústico

36047A106002050000LT

Hrdo. José Venza Roqueiro

C-1000/20

B5XASCOR//161-13

2,25