DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2023/448-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.U.

Domicilio social: avenida de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: subestación Bértola 220/66 kV 50-65 MVA.

Situación: Vilaboa.

Características técnicas:

Subestación transformadora coas seguintes posicións: unha posición de transformación, mediante transformador 220/66 kV de 50-65 MVA, e unha posición de liña de 66 kV.

A instalación está situada en Bertola, no concello de Vilaboa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/
documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/448-4.

Denominación: subestación Bértola 220/66 kV 50-65 MVA.

Concello: Vilaboa.

Lugar

Cultivo

Referencia
catastral

Titular

Superficie m2 pleno dominio

1

Vilaboa

Rústico

36058A004003540000LO

Red Eléctrica de España, S.A.U.

604,00