DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 15999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se modifica, por modificación substancial, a autorización ambiental integrada outorgada a Forestal del Atlántico, S.A. para a fábrica de formaldehído, colas e resinas, xestión de residuos perigosos e produción de metanol verde situada no concello de Mugardos (A Coruña) (expediente 2023-IPPC-M-74).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: fábrica de formaldehído, colas e resinas, xestión de residuos perigosos e produción de metanol verde

Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Forestal del Atlántico, S.A.

Expedientes: 2023-IPPC-M-74 e 2023-IPPC-M-62

Localización: concello de Mugardos (A Coruña)

Nº rexistro da AAI: 2006/0349_NAA/IPPC_168

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (introducir clave expediente 2006/0349) ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático