DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14982

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de notificación do procedemento de orde de execución do expediente 449/2017.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (LPAC), intentada a notificación persoal sen que fose posible efectuala, notifícaselles ás persoas propietarias das parcelas a seguinte Resolución da Alcaldía núm. 2023-2609, do 7 de setembro de 2023:

«I. Antecedentes.

1. Procedemento incoado para exixir o cumprimento das obrigas de xestión da biomasa derivadas da normativa tanto ambiental como urbanística de conservar e manter o solo natural e a masa vexetal nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios no camiño das Chachiñas, Río Frío e Senda da Auga de Chapela.

2. Trámite de audiencia sen que se tivesen presentado alegacións.

II. Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), no mesmo senso o artigo 333 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG), establece que os concellos, de oficio ou por instancia de calquera interesado, mediante o correspondente expediente e logo da audiencia dos interesados, ditarán ordes de execución que obriguen os propietarios de bens inmobles a realizar as actuacións necesarias para dar debido cumprimento aos deberes sinalados no artigo 135 da LSG, en particular, os de conservalos nas condicións legais de seguridade e salubridade.

Tendo en conta que non hai posibilidade de notificar ás persoas propietarias das parcelas por falecemento destas ou por non dispor de datos na Dirección Xeral de Catastro xa que figuran como titulares «en investigación».

Vistos os antecedentes e fundamentos xurídicos expostos, esta Alcaldía

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar ás persoas propietarias das parcelas que a seguir se relacionan e das cales non se dispoñen datos para os efectos de notificación ou ben figuran en investigación ou descoñecido na Dirección Xeral do Catastro, para que procedan á adecuada xestión da biomasa no prazo de 15 días naturais.

Referencia catastral

Polígono e parcela

Propietario/a

36045A051019250000WH

Polígono 51, parcela 1925

Sofía Iglesias Gómez

36045A051019260000WW

Polígono 51, parcela 1926

Antonio Collazo del Palacio

36045A051019270000WA

Polígono 51, parcela 1927

Matilde Iglesias Rivas

36045A051019290000WY

Polígono 51, parcela 1929

Ángel Ballesteros

36045A051018940000WU

Polígono 51, parcela 1894

En investigación

36045A051018960000WW

Polígono 51, parcela 1896

Josefa López Lago-Josefa Domínguez Boullosa

36045A051017000000WZ

Polígono 51, parcela 1700

Preciosa Lago Alfonso

36045A051017010000WU

Polígono 51, parcela 1701

Hrdos. José Costoya Amoedo

36045A051017240000WX

Polígono 51, parcela 1724

En investigación

36045A051017260000WJ

Polígono 51, parcela 1726

Francisco Lago Alonso

36045A051017270000WE

Polígono 51, parcela 1727

Hrdos. Jaime Lago Alonso

36045A051017280000WS

Polígono 51, parcela 1728

Antonio Pereira Santorio

36045A051017290000WZ

Polígono 51, parcela 1729

Dolores Peni Cabaleiro

36045A051017300000WE

Polígono 51, parcela 1730

Josefa López Lago

36045A051017310000WS

Polígono 51, parcela 1731

Ángel Ballesteros

36045A051017320000WZ

Polígono 51, parcela 1732

Baldomero Casal Cabaleiro

36045A051017330000WU

Polígono 51, parcela 1733

Rosa Fajardo Lago

36045A051017340000WH

Polígono 51, parcela 1734

Hrdos. José Costoya Amoedo

36045A051017390000WG

Polígono 51, parcela 1739

Virginia Álvarez Álvarez

36045A051060140000WW

Polígono 51, parcela 6014

En Investigación

36045A051020790000WF

Polígono 51, parcela 2079

Ángel Couto González

Con carácter xeral informámoslle que no caso de implicar a corta de árbores nos terreos de natureza urbana non será necesario ningún permiso e nos terreos de natureza rústica ou non urbanizables será necesario presentar na sede electrónica da Xunta de Galicia a seguinte declaración responsable (que ten efecto no mesmo día da súa presentación):

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR604R&ano=2020&numpub=1&lang=es

Segundo. Apercibir as persoas propietarias das parcelas que de transcorrer o prazo antes sinalado sen ter executado as medidas requiridas do Concello de Redondela procederase á execución subsidiaria ben a través de servizos propios ben a través de empresa contratada para o efecto, con posterior repercusión dos custos en que se incorra, incluídos os de tramitación administrativa, todo iso en aplicación do disposto no artigo 136.5 da LSG.

Redondela, 31 de xaneiro de 2024

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa