DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14985

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da aceptación da delegación de competencias do Concello de Outes (imposto sobre vehículos de tracción mecánica).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 2 de febreiro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«13. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Outes (IVTM).

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Outes en relación coa seguinte materia:

Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre vehículos de tracción mecánica ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.

2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O anterior faise público para xeral coñecemento.

A Coruña, 12 de febreiro de 2024

O presidente da Deputación Provincial da Coruña

P.D. (Resolución 33475/2023)

José Ramón Rioboo Castro

Deputado delegado de Persoal

Amparo Taboada Gil

Secretaria xeral da Deputación Provincial da Coruña