DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14980

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2024 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado

Persoa responsable

Orde de execución

(Exp. 1421-2023)

Resolución inicio O.E. do 18.12.2023

36043A035007590000JO

(Polígono 35-parcela 759)

Barbudo

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1524-2022)

Resolución inicio O.E. do 26.1.2024

36043A023005250000JO

(Polígono 23-parcela 525)

Buchabade

Ponte Caldelas

Hdos. de José Malvar Senra

Orde de execución

(Exp. 1525-2022)

Resolución inicio O.E. do 26.1.2024

36043A023005240000JM

(Polígono 23-parcela 524)

Buchabade

Ponte Caldelas

Hdos. de José Malvar Senra

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa, a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio dos datos catastrais da parcela no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, habilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 29 de xaneiro de 2024

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente