DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2024 Páx. 14700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Coirós (expediente IN407A 2023/035-1).

Expediente: IN407A 2023/035-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMT, CT, RBT lugar Coirós de Abaixo.

Concello: Coirós.

Feitos:

1. O día 2.2.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de solucionar os problemas de caídas de tensión da rede de baixa tensión conectada ao centro de transformación de intemperie CT Coirós de Abaixo (15AYN6, IN407A 98/276) no concello de Coirós, proxéctase o desmantelamento do dito centro de transformación e a instalación dun novo centro de transformación de 100 kVA de potencia prefabricado, unha liña de media tensión soterrada que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT BEG707 (IN407A 98/276), procedente da subestación Bergondo, e dúas novas saídas en baixa tensión que conectarán o novo centro de transformación coa rede de baixa tensión existente na zona.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que abrangue os seguintes documentos:

Proxecto de execución denominado LMT, CT, RBT lugar Coirós de Abaixo, asinado o 7.11.2022 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº de colexiado 2.980 de Vigo.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación

– DOG: 24 de marzo de 2023.

– BOP: 9 de marzo de 2023.

– Xornal La Voz de Galicia: 22 de marzo de 2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 7 de marzo de 2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública preséntanse alegacións por parte de José Manuel Docampo Riva mediante escrito recibido o día 18.5.2023 e que foron remitidas a UFD Distribución Electricidad, S.A. o día 19.5.2023.

A empresa promotora responde a estas alegacións o 20.7.2023.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo a las distintas entidades afectadas: concello de Coirós, Augas de Galicia e Deputación Provincial da Coruña.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos (Deputación Provincial da Coruña).

5. O día 29.12.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Coirós de Abaixo, no concello de Coirós, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 15 kV, de 335 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº AR28PL95//29-A-9-CT existente tipo HV-1600/11 da LMT BEG707 (IN407A 98/276), procedente da subestación Bergondo, e remate no CTC proxectado.

– LMTA: novo seccionador XS no apoio nº AR28PL95//29-A-9-CT existente e retirada de seccionador SXS existente no apoio nº AR1X0TMA//29-A-8.

– Novo CT en Coirós de Abaixo compacto prefabricado tipo rural de manobra exterior, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Desmantelamento do CTI Coirós de Abaixo (15AYN6, IN407A 98/276) existente instalado no apoio nº AR28PL95//29-A-9-CT existente.

4. En relación coas alegacións formuladas relativas ao cumprimento regulamentario das instalacións electromecánicas e eléctricas proxectadas e a afección correspondente na declaración de utilidade pública en concreto solicitada, á vista da alegación, a resposta do promotor e o resto de información que consta no expediente:

– Non procede atender a solicitude realizada por José Manuel Docampo Riva, no relativo á improcedencia da afección en pleno dominio para o CT proxectado posto que o emprazamento proposto por el é de propiedade particular e non se dan os requisitos que xustifiquen unha limitación á servidume ao abeiro do artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o esixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT lugar de Coirós de Abaixo

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Coirós

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

José Manuel

Docampo Riva

7393301NH6879S0001TJ

Coirós de Abaixo

CT e acceso

19,4

Urbano.

Solo sen edificar