DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2024 Páx. 14706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2022/132-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica: LMTA SAR806, derivada a Santo Estevo CT 27A580 (Sarria), segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 2 de febreiro de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Denominación: LMTA SAR806 - derivada a Santo Estevo CT 27A580 (Sarria).

Convocatoria de levantamento de actas previas: concello de Sarria.

Expediente: IN407A 2022/132-2.

Nº de predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietaria proposta

Anotación correos

Apoio nº

Apoio superficie (m2)

Afeccións (ml aér.)

Afeccións (m2 aér.)

Data do acto

Hora do acto

Concello

3

14

652

Poza Vella

prado

María Lili López

Falecida

69-30-8-1, 69-30-8-2

4.0

112.0

1628.0

19.3.2024

10.30.00

Sarria

4

14

1210

Gaez

prado

María Lili López

Falecida

0.0

164.0

19.3.2024

10.30.00

Sarria