DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2024 Páx. 14707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio e o trámite de audiencia ditados no expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2023/572-4 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo o inicio e o trámite de audiencia do expediente de reclamación, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación, sitas na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada e presentar as alegacións, informacións ou probas que consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635A 2023/572-4.

Interesado/a:

NIF: 30437420W.

Actos notificados: inicio e trámite de audiencia.

Expediente de reclamación: IN635A 2023/598-4.

Interesado/a:

NIF: 78738053Z.

Actos notificados: inicio e trámite de audiencia.