DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2024 Páx. 14708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2023/362-4 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo a resolución no expediente de reclamación, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación, sitas na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada e presentar as alegacións, informacións ou probas que consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/362-4.

Interesada: Comunidade de Propietarios de Residencia La Armona, A Guarda.

NIF: H36125847.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/547-4.

Interesado/a:

NIF: 36095425F.

Acto notificado: resolución.