DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2024 Páx. 14709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA), a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha planta de biofibra reciclada branqueada, promovido por Biofibras de Galicia, S.L.U., declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de xuño de 2023, que se vai implantar no concello das Pontes de García Rodríguez.

En cumprimento do disposto no artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; no Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada co proxecto que se detalla a continuación.

Antecedentes:

1. Con data do 15.6.2023, o proxecto de planta de biofibra reciclada branqueada, nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido por Ence Energía y Celulosa, S.A., foi declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Consello da Xunta de Galicia, ao abeiro do establecido no Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.

2. Mediante a Resolución do 30.11.2023, da Secretaría Xeral de Industria, aprobouse o cambio de titularidade do proxecto industrial estratéxico (PIE) a favor da sociedade Biofibras de Galicia, S.L.U, e declarouse a dita modificación como non substancial.

3. O 30.11.2023 o promotor presenta a documentación exixida pola normativa aplicable. Así mesmo, o 15.1.2024 e o 18.1.2024 emenda esa documentación. Unha vez completa a documentación de acordo co artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, a Secretaría Xeral de Industria da Consellería de Economía, Industria e Innovación continúa coa tramitación do expediente e somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), a declaración de utilidade pública, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto industrial estratéxico (PIE) denominado Proxecto de planta de biofibra reciclada branqueada, no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

– Solicitante/promotor: Biofibras de Galicia, S.L.U.

– NIF: B44820769.

– Domicilio social: rúa Beatriz de Bobadilla, 14, 4, 28040 Madrid.

– Denominación do proxecto: planta de biofibra reciclada branqueada.

– Concello afectado pola industria: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

– Situación da industria: Parque de Carbóns da Central Térmica das Pontes, no lugar de Sa de Abaixo, coas coordenadas X: 588.953 Y: 4.811.5892.

– Actividade CNAE: 1711 Fabricación de pasta de papel.

– Categoría principal da actividade: categoría 6.1.a) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (instalacións industriais destinadas á fabricación de pasta de papel a partir de madeira ou doutras materias fibrosas). Adicionalmente, a actividade tamén se encontra incluída no anexo I, grupo 5.d), epígrafe 1ª, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

– Descrición da actividade: instalación dunha biofábrica de fibra reciclada para producir pasta branqueada a partir de papel reciclado, isto é, fibra recuperada (papelote) procedente de cartón, OCC fundamentalmente.

Terá unha capacidade de tratamento de aproximadamente 160.000 tAD de papel reciclado, o que lle permitirá obter unha produción de aproximadamente 100.000 tAD de pasta reciclada cun alto grao de calidade (brancura, propiedades físicas). O destino será principalmente a fabricación de papel tisú.

– Investimento (fase I): 125 millóns de euros.

– Características técnicas principais das instalacións:

A planta de biofibras que se proxecta nas Pontes comporase de dous procesos:

1. Proceso de reciclaxe de papel e cartón.

2. Proceso de fabricación de pasta de celulosa.

– Consumo de auga:

• Auga de proceso: incorpórase como anexo o Proxecto de captación de auga no lago das Pontes. O proxecto prevé a captación de auga bruta e o seu tratamento para proceso. O consumo de auga da instalación estímase en 15 m³/t AD, polo que o consumo anual será ao redor de 1,5 hm³.

• Auga potable: exponse a conexión da rede de abastecemento na contorna da glorieta que enlaza a AC-861 e a AC-143.

– Subministración eléctrica:

A subministración de enerxía eléctrica á planta realizarase desde unha subestación 132/6 kV situada no interior da parcela. A SET de planta alimentarase desde a SET de compañía situada no Tesouro mediante unha liña subterránea de 132 kV.

Na citada SET de planta instálase un transformador 132/6 kV de 25 MVA de potencia para alimentar unha central de distribución situada na zona central do proceso, dotada de distintas posicións en 6 kV para abastecer o proceso. A dita central de distribución contará, así mesmo, con dous transformadores 6/0,4 kV, un de 2.000 kVA e outro de 1.000 kVA para abastecemento aos consumos de 400 V da planta, así como a servizos xerais de 400 V e 230 V monofásicos.

Desde as posicións de 6 kV da central de distribución abastécese aos puntos de consumo no proceso de OCC e secado en 6 e 0,4 kV.

Instálanse nas zonas de proceso os seguintes transformadores 6/0,4 kV:

• Un trafo 6/0,4 kV de 3.150 kVA en zonas de secado.

• Dous trafos de 6/0,4 kV de 3.150 kVA en zonas OCC.

– Rede de telecomunicacións: exponse a conexión da rede de telecomunicacións na contorna da glorieta que enlaza a AC-861 e a AC-143.

– Verteduras:

Incorpórase en anexo o Proxecto de vertedura de efluentes da Biofábrica das Pontes.

Tipo de efluente

Orixe do efluente

Caudal punta (m³/h)

Destino

Augas sanitarias

Augas sanitarias

1,5

Tratamento en EDAR compacta e vertedura ao río Eume xunto co efluente de tipo industrial

Proceso

Proceso de OCC

186

Punto de vertedura ao río Eume, con paso previo pola planta de tratamento de efluentes líquidos (PTEL)

Planta de tratamento de auga bruta

2,3

Purgas de caldeira

0,1

Purgas de refrixeración

2,3

Pluviais potencialmente contaminadas

4,8

Total efluentes industriais á entrada da PTEL

195,5

Total efluentes industriais á saída da PTEL

177,2

Total efluentes a punto de vertedura (proceso+augas sanitarias)

178,7

Coordenadas punto de vertedura (UTM ETRS 89 H29):

X: 591.325 mE; Y: 4.809.659 mN

Pluviais limpas

Augas pluviais limpas

27,2

Aliviadoiro de pluviais limpas (UTM ETRS 89 H29):

X: 588.940 mE, Y: 4.811.635 mN

– Obxecto da información pública:

O proxecto industrial estratéxico (PIE) denominado proxecto de planta de fibra reciclada branqueada; a solicitude da autorización ambiental integrada (AAI); o estudo de impacto ambiental (EIA); a declaración de utilidade pública e a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados; para os efectos das autorizacións administrativas que procedan. Todo o anterior de forma conxunta en virtude do disposto no artigo 79.4 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro.

– Documentación que se expón:

1. Proxecto de planta de fibra reciclada branqueada e anexos.

2. Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada e anexos.

3. Estudo de impacto ambiental (EIA) e anexos.

4. Relación de bens e dereitos afectados.

O que se fai público, de conformidade co artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A dita documentación poderá consultarse no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

1.1. Zona de implantación da planta.

Núm. predio

Ref. catastral

Titular

Superficie total (m²)

Tipo de afección

Superficie total afectada (m²)

% superficie afectada

Definitiva (m²)

Servidume (m²)

Temporal (m²)

1

15071A04500990

Endesa Generación, S.A.

90.353,00

88.121,45

0

0

88.121,45

97,53

2

15071A04500001

Endesa Generación, S.A.

1.140.584,00

180.765,89

0

0

180.765,89

15,85

3

2507001NJ9110S

Endesa Generación, S.A.

1.122.092,00

185.555,87

0

0

185.555,87

16,54

1.2. Conexión externa (captación).

Núm. predio

Ref. catastral

Titular

Superficie total (m²)

Tipo de afección

Superficie total afectada (m²)

% superficie afectada

Definitiva (m²)

Servidume (m²)

Temporal (m²)

1

15071A04510005

Endesa Generación, S.A.

164.174,82

862,92

613,09

1.356,16

2.832,17

1,73

2

15071A04500001

Endesa Generación, S.A.

1.140.583,60

122,64

171,69

824,53

1.118,86

0,10

3

15071A04500101

Concello das Pontes de García Rodríguez

87.504,65

508,37

193,06

33,63

735,06

0,84

1.3. Conexión externa (SET).

Núm. predio

Ref. catastral

Titular

Superficie total (m²)

Tipo de afección

Superficie total afectada (m²)

% superficie afectada

Definitiva (m²)

Servidume (m²)

Temporal (m²)

1

2507001NJ9110S

Endesa Generación, S.A.

1.122.092,00

464,65

0

1.008,09

1.472,74

0,00131

2

15071A04510005

Endesa Generación, S.A.

164.175,00

0,28

0

1,41

1,69

0,00001

3

15071A04500001

Endesa Generación, S.A.

1.140.584,00

0

123,23

568,19

691,42

0,00061

1.4. Conexión externa (vertedura).

Núm. predio

Ref. catastral

Titular

Superficie total (m²)

Tipo de afección

Superficie total afectada (m²)

% superficie afectada

Definitiva (m²)

Servidume (m²)

Temporal (m²)

1

15071A04500006

Endesa Generación, S.A.

1.914.718,00

1.429,03

0

4.972,54

6.401,57

0,33

2

2507001NJ9110S

Endesa Generación, S.A.

1.122.092,00

389,86

0

1.387,72

1.777,58

0,16

3

15071A04500001

Endesa Generación, S.A.

1.140.584,00

4.216,68

0

13.502,71

17.719,39

1,55

4

15071A04500101

Concello das Pontes de García Rodríguez

87.505,00

22,97

0

69,45

92,42

0,11

1.5. Conexión externa (rotonda).

Núm. predio

Ref. catastral

Titular

Superficie total (m²)

Tipo de afección

Superficie total afectada (m²)

% superficie afectada

Definitiva (m²)

Servidume (m²)

Temporal (m²)

1

15071A02501252

Endesa Generación, S.A.

10.545,00

973,00

0

0

973,81

9,23

2

15071A02500099

Herdeiros de María Manuela Barro Meizoso

25.848,00

62,00

0

0

62,07

0,24

3

15071A02500138

Herdeiros de María Manuela Barro Meizoso

52.226,00

34,00

0

0

34,00

0,07