DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14150

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de gases renovables, para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento IN421Z).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do xoves 21 de decembro de 2023, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 69942, no artigo 9.1, o parágrafo onde di:

«O investimento correspondente aos equipamentos novos ou á adaptación de existentes para consumo de gas renovable non poderá representar no seu conxunto máis do 20 % do investimento solicitado total».

Debe dicir:

«Para o cálculo da axuda, o investimento correspondente aos equipamentos novos ou á adaptación dos existentes para consumo de gas renovable non poderá superar no seu conxunto o 20 % do investimento solicitado total naqueles casos en que o proxecto inclúa tamén equipamentos asociados á produción de enerxía procedente de fontes renovables e hidróxeno renovable».