DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13643

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024 pola que se resolve a convocatoria de provisión, mediante libre designación, dun posto do cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Tras ser convocada mediante a Resolución do 20 de decembro de 2023 (DOG número 1, do 2 de xaneiro de 2024) a provisión, mediante libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade,

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado,

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 2/2024, do 22 de marzo, do sistema universitario e polos Estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle á funcionaria Rosa María López González o posto de secretaria da valedora universitaria.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de 3 días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de 7 días hábiles, se comporta cambio de residencia, e comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse no día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. A funcionaria nomeada para ocupar este posto de libre designación poderá ser cesada discrecionalmente nas condicións previstas nas normas legais e regulamentarias que resultan de aplicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 5 de febreiro de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo