DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2024, da Secretaría da Comisión Galega de Control da Violencia, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 4/2023 CGCV.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos tras intentar dúas veces a notificación sen que se puidese efectuar.

O acto foi adoptado polo instrutor do expediente 4/2023 CGCV.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de 10 (dez) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, para examinar o contido íntegro deste acto na sede da Comisión Galega de Control da Violencia, Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

Teresa Carrera Babarro
Secretaria da Comisión Galega de Control da Violencia

ANEXO

Nº de expediente: 4/2023 CGCV.

NIF da persoa interesada: 34973789N.

Acto notificado: trámite de audiencia de expediente sancionador.